Casa de Trillo, de longa tradición histórica, atópase en Santa Mariña, pequena aldea do municipio coruñés de Muxía que aínda conserva o sabor da tradición.

En pleno mundo rural galego, a capela, dedicada a esta santa, o muíño, as fontes, o cruceiro e as sendas que a percorren participan dunha paisaxe de gran riqueza na que é fácil presenciar actividades agrarias, gandeiras e forestais en calquera recuncho.

A casa ten dúas plantas. Na inferior hai dúas habitacións adaptadas e no superior catro, duas delas coa categoría de especial, por dispoñer duns servizos máis amplos (minibar, bañeira hidromasaxe, cama rodeada de dosel). O salón é amplo, con varios recunchos para o esparexemento. O comedor instalámolo nun soportal acristalado que permite gozar da horta e do exterior.

Localización